NOTA DE PRENSA
O GMPP considera que o alcalde non lle dá contido ó pleno.
Afirman que un mes máis a maioría dos asuntos son de trámite.
Os populares presentarán mocións para solucionar problemas ós veciños.
O GMPP de Burela considera que unha sesión plenaria máis, e así van todas desde a toma de posesión deste alcalde, os asuntos que van na orde do día marcado polo alcalde para o pleno ordinario do vindeiro día dous teñen pouca substancia e non axudan a solucionar os problemas que tén o concello, nin os problemas que teñen os veciños.
Os populares aseguran que uns asuntos son de trámite, coma a fixación de días festivos e unha petición de compatibilidade, ou ben serven para destapar as incompetencias do bigoberno anterior da Xunta e do concello, coma a revisión do convenio para a construcción do campo de fútbol artificial, que hai que revisar porque foron incapaces de facer ningunha inversión nesta obra no ano 2008; convenio que no seu día asinou a concelleira de Deportes sen pasar polo pleno. Obra que fora solicitada polo PP na primavera de 2007 e que fará unha Xunta do PP.
Outros son de incorporación obligada pola normativa vixente, como a inclusión no presuposto do presente ano do canon a pagar por Espina y Delfín pola adxudicación da auga, que só se cobrará este ano e non servirá para paliar o desaxuste entre ingresos e gastos e que xa é de máis de medio millón de euros a estas alturas de ano, porque en boa parte ese canon xa estaba contemplado no presuposto municpal do presente ano. Espina paga 750.000’00€, dos que 700.000’00€ xa estaban contemplados no presuposto.
Pola súa banda, o PP cumplirá co seu traballo e presentará mocións que afectan a servicios que se prestan desde o Concello ou no concello, e que polo tanto afectan ós veciños e veciñas deste concello; mocións que en todo caso chegarán puntualmente á correspondente comisión informativa.