BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistiu esta fin de semana en Los Alcázares, Murcia, á XXXVIII Semana Internacional da Horta e do Mar, evento no que puxo a nota musical a Sociedade Cultural Ledicia. Llano amósase satisfeito “pola acollida que nos brindaron nesta vila murciana e nós aproveitamos para dar a coñecer Burela e para convidalos a todos, veciños e Corporación, a que visiten a nosa vila nas festas ou na feira do bonito”.
O rexedor mantivo un encontro coa alcaldesa de Los Alcázares, Encarnación Gil, “estivemos a falar das similitudes e das diferencias entre os dous concellos. Los Alcázares ten 17.000 habitantes e durante o verán chega ós 100.000, co que xúrdenlle problemas coma o do abastecemento de auga ou a necesidade de mellorar outros servizos para prestar unha boa atención ós visitantes. Burela e Los Alcázares son dúas vilas con mar, a nosa vive máis da pesca e eles máis do turismo e dos productos da horta, sobre todo da laranxa, pero tamén da pesca”.
Llano asegura que “foi una placer asistir a esta Semana Internacional da Horta e do Mar, tratáronnos fenomenal, e agora agardamos que os veciños de Los Alcázares se acheguen a coñecernos a nós un pouco mellor e tamén que coñezan as nosas costumes e tradicións”.