O edil nacionalista asegura que “dende a Oficina de turismo de Burela se ten rexistrado nestes pasados meses unha afluencia de visitantes de proporcións semellantes no mes de xuño ás do pasado verán, e algo superiores no mes de xullo no cómputo global, segundo o número de persoas que diariamente estiveron interesándose polo noso concello e tamén pola Comarca da Mariña, sendo previsible ese incremento durante o tempo que resta de verán”. González Legazpi destaca que a procedencia maioritariamente é da nosa comunidade autónoma, principalmente do eixo atlántico, seguida de Asturias e tamén é moi representativa a afluencia de persoas dende a capital de España, e do norte peninsular, concretamente de Cantabria e País Vasco, pero tamén de Castela-León. Destacar igualmente o incremento de mobilidade na área de autocaravanas, de procedencia indistinta, pero apreciable tamén o achegamento de visitantes da zona do mediterráneo. En definitiva acredítase o interese do turismo no noso concello, primordialmente de cercanía, que na actual coxuntura económica ten unha maior posibilidade de acomodación para o visitante”.
O concelleiro de Turismo suliña “este avance significativo en tanto que determina claramente e de modo positivo o resultado do traballo que se ven facendo na divulgación e participación en certames, de ámbito indistinto, o que fai posible o achegamento de visitantes ao noso concello. E tamén representa unha condición positiva para os sectores socioeconómicos locais e un avance progresivo nas políticas de desenvolvemento xeral do turismo en Burela que nos posiciona xa claramente como destino referente na comarca”.