Site icon Crónica3.com A Mariña

Abre en San Cibrao a mostra “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego”

SAN CIBRAO .- Abre en San Cibrao a mostra “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” organizada polo colectivo Mar de San Ciprián que “pretende dar a coñecer as técnicas de pesca e a vida a bordo da flota boniteira do cantábrico galego. A mostra permanecerá aberta na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o vindeiro 31 de agosto.

Nota de Prensa

‘Mar de San Ciprián’ inaugura esta tarde na Casa da Cultura a exposición “De verán en verán: a pesca do bonito no cantábrico galego”

* A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 31 de agosto

San Ciprián, 6 de agosto e 2009.- A Casa da Cultura de San Ciprián acolle hoxe xoves, a partires das oito da tarde, o acto inaugural da mostra “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” organizada polo colectivo ‘Mar de San Ciprián’. O acto inaugural correrá a cargo do presidente desta asociación cultural, Moncho Rivas; e do alcalde de Cervo, Alfonso Villares.

A exposición “De verán en verán: a pesca do bonito no Cantábrico galego” pretende dar a coñecer as técnicas de pesca e a vida a bordo da flota boniteira do cantábrico galego. A través de paneis informativos, documentos, fotografías, aparellos, etc… o visitante terá a oportunidade de introducirse nas condicións e técnicas tradicionais de traballo empregadas na pesquería do bonito, as cales  seguen hoxe en día vixentes. Entre as pezas amosadas na exposición destaca unha vara de 15 metros empregada para a pesca do bonito.

O objectivo dos organizadores é tratar de que se recoñeza o o traballo dos mariñeiros e manter viva a tradición da pesca artesanal e respectuosa co medio ambiente.

Esta mostra permanecerá aberta na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o vindeiro 31 de agosto nos horarios habituais.

Exit mobile version