Nota de Prensa
Hoxe venres día 21 tivo lugar a presentación do evento lúdico- cultural: “A Lenda do Conde Santo”.
No acto estiveron presentes o alcalde de Lourenzá – D. Vidal Martínez Sierra, o xefe territorial da Conselleria de Cultura e Turismo – D. José Carlos Rodríguez Andina e a Concelleira de Cultura – Dª Guadalupe Flórez.
Seguindo coa idea orixinaria de dar a coñecer a figura do Conde Santo que alcanzou este título por vontade popular, esta segunda edición a organización quixo facer un maior fincapé nos actos da tarde-noite do vindeiro sábado 29 de agosto no marco incomparable dos claustros do Mosteiro San Salvador.
* Como acto previo á cea de época e á recreación da lenda terá lugar ás 19,30 horas a Presentación do libro: Osorio Gutiérrez, o “Conde Santo” de Vilanova de Lourenzá, a cargo do historiador D. Carlos Andrés González Paz no Salón de Actos da Casa da Cultura.
* Posteriormente ás 20,30 horas apertura dos claustros do Mosteiro San Salvador para os asistentes á cea os cales disfrutarán dun tentempé na taberna que se instalará no pozo santo sendo agasallados cun obsequio conmemorativo (neste caso trátase dunha copa de cerámica gravada).
* A partires das 22,00 horas dará comezo a CEA POPULAR inspirada na época do noso fundado, D. Osorio Gutiérrez acompañada de animación de rúa e música.
* Ás 24,00 horasterá lugar a RECREACIÓN da LENDA a cargo da compañía TEATRO DA GAVELA
Esta Actuación estará aberta ao público en xeral
As tarxetas para participar na Cea de Época cea xa están á venda podendo retirarse nas oficinas do Concello de Lourenzá; o prezo do menú é de 25 euros por persoa e constará de: empanada, caldo de verduras, cordeiro e porquiño ao espeto, queixo e marmelo, café, licores, auga e viño rematando cunha queimada, podendo disfrutar da cea con menaxe de madeira acorde coa época do Medievo. Aqueles menores que acompañen aos adultos asistentes á cea disporán dun servizo de ludoteca e unha cea infantil de forma gratuita.
Dende a organización animamos aos asistentes a participar da mesma con vestimentas de época, podendo alugarse os traxes nas instalacións da Casa da Xuventude en horario de tarde (16,30 – 19,00 horas).
O evento está organizado polo Concello de Lourenzá e patrocinado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e Vicepresidencia Primeira – Cultura da Deputación de Lugo