Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mellorará a estrada Burela Vilaestrofe Rua no tramo de Cervo

LUGO .-  A xunta de goberno da Deputación acordou a adxudicación provisional da obra de afirmado e terminación do treito entre os puntos quilométricos 2,600 e 5,400 da estrada Burela-Vilaestrofe-Rua, no termo municipal de Cervo, por 368.000 euros, cunha mellora de 48.750 euros. O prazo de execución é de tres meses.

NOTA DE PRENSA

A Deputación inviste máis de 2 millóns de euros na mellora de 3 estradas da Montaña e da Mariña

A institución provincial financiará con fondos propios o acondicionamento dun total de 20,5 quilómetros de vías

A Deputación investirá máis de dous millóns de euros (2.019.095 €) na mellora de tres estradas provincias na zona da Montaña e da Mariña que suman un total de 20,5 quilómetros. A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación dunha destas obras e a adxudicación provinsional das outras dúas. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “estes proxectos son financiados ó 100% con fondos propios, o que reflicte o importante esforzo inversor que está a realizar o organismo provincial na mellora da rede viaria provincial”.

No primeiro caso, o goberno provincial acordou a contratación das obras de mellora dun treito de 9,436 quilómetros da estrada “De Gulfrei por Meizarán a Lamas” ó seu paso polos termos municipais de Becerreá, As Nogais e Triacastela. O presuposto é de 900.000 euros.

“As obras incluirán o ancheamento da estrada nun metro, co que pasará de 4,5 a 5,5 metros de ancho. Non fará falta expropiar porque se aproveitarán os arcéns, co que se axilizará sensiblemente todo o proceso. Ademais, botarase unha dobre capa de aglomerado en quente, colocaranse ollos de gato e sinalizarase horizontal e verticalmente”, apuntou Gato Soengas.

Por outra banda, aduxdicouse provisionalmente a obra de ancheamento e mellora dun treito de 8,370 quilómetros da estrada de Pedrafita ó Portelo, nos termos municipais de Pedrafita e Cervantes. A adxudicación provisional foi por 638.500 euros, cunha mellora de 64.655 euros. O prazo de execución é de 4 meses.

O terceiro asunto aprobado pola Xunta de Goberno relacionado con obras en vías provinciais, foi a adxudicación provisional da obra de afirmado e terminación do treito entre os puntos quilométricos 2,600 e 5,400 da estrada Burela-Vilaestrofe-Rua, no termo municipal de Cervo, por 368.000 euros, cunha mellora de 48.750 euros. O prazo de execución é de tres meses.

Segundo Gato Soengas, “con esta actuación completarase o proxecto aprobado polo anterior equipo de goberno que, como noutros casos, só incluía o presuposto para a explanación e as obras de fábrica, co que a estrada queda en terra ,e agora hai que asfaltala e deixala en condicións axeitadas para a circulación do tráfico”.

A Xunta de Goberno tamén aprobou unha adenda ó convenio de colaboración entre o Concello de Castro de Rei e a Deputación para a posta a disposción de 25.000 metros cadrados durante 20 anos. A parcela, pertencente á finca da Granxa Gayoso-Castro, destinarase a instalacións deportivas (pista polideportiva, campo de fútbol de adestramento para categorías inferiores e pista de aeromodelismo).

Exit mobile version