RIBADEO .- A CGT no Concello de Ribadeo non está de acordo como o Concello facilitou información sobre o expediente a un traballador, asegura Soledad Rodriguez Diaz. A CGT afirma que “non é aceptable a decisión do Concello de Ribadeo de filtrar a situación á prensa e logo dicir que a alcaldía non dará máis información pública. Desde a C.G.T., condenamos esta forma de proceder”.
Nota de Prensa
Abriuse expediente a un traballador do Concello de Ribadeo e o artigo 64 do Estatuto dos Traballadores só dános o dereito a “ser informados” da sanción imposta, é dicir, ao finalizar o procedemento sancionador, co que a presenza deste sindicato non servirá de moito. No seu momento pedimos acceso ao expediente, sen resposta ao día da data e pediremos a personación.
A Sección da C.G.T. , no Concello de Ribadeo DECLARA que non é aceptable a decisión do Concello de Ribadeo de filtrar a situación á prensa e logo dicir que “a alcaldía non dará máis información pública” Desde a C.G.T., condenamos esta forma de proceder.