O rexedor barreirense asegura que “a consellería está a traballar na resolución do tema. Eu estou en continuo contacto con eles e en canto teñan unha solución nos sentaremos a analizala e veremos por unha parte, cales son as obrigas de APEC, dos seus representados ou dos constructores, porque hai unhas obrigas que son deles e non caben dúbidas e por outra banda, Concello e consellería terán que levar adiante unha serie de investimentos ou de obras, o que sexa necesario, para mellorar todos os aspectos que sexan posibles. Será en conxunto, porque non pode ser doutro xeito”.
Parque de bombeiros
Alfonso Fuente tamén aludiu nesta xornada ó parque comarcal de bombeiros e dixo que “sí se estiveron a realizar as obras de conexión para dotalo de auga, se colocou un depósito e se melloraron os accesos a esas instalacións. E o que sí me chama a atención é que Lara Méndez saia dicindo que se fixeron estes traballos porque eran necesarios. Curiosamente hai que recordar que hai uns meses se decía que o que pedía o alcalde de Barreiros era desproporcionado e que non era tal, que era un disculpa para non abrir o parque. Si o que dixo o alcalde de Barreiros, que foi o que viñen mantendo desde hai tempo, que había que dotalo de auga, colocar un depósito porque no verán non se podería tomar directamente da rede, que había que mellorar os accesos…todo eso agora fíxose e entón dedúcese que o que pedía o alcalde de Barreiros había que facelo”.
O alcalde pide que se abra canto antes o parque de bombeiros “e agora hai algo moi importante que é a partida de persoal, a partida humana. O Consorcio ten aprobado uns cartos para o gasto de persoal dos meses de outubro, novembro e decembro e entón o que pido é que se axilice canto antes a selección e contratación do persoal, ou que se saque a concurso e se faga de forma indirecta, que se modifiquen as partidas que hai para persoal no presuposto e que se axilice cantos antes a apertura do parque”.