Site icon Crónica3.com A Mariña

A ANPA do CEIP Mestre Rivera Casás convoca un “cadea humana” como mostra de agarimo ao colexio pechado pola Xunta

CERVO .- Baixo o lema “SE TES MEMORIA, ABRAZA A HISTORIA”, A Anpa do CEIP Mestre Rivera Casás convoca a todas as familias, ex alumnos, asociacións e grupos políticos, a darlle un Gran Abrazo ao colexio Rivera Casás, porque este colexio está no corazón do pobo. Será o Venres, 7 de agosto, ás 20:00 h diante das instalacións do centro. A convocatoria realizarase a través de Sms e Facebook.

Aínda que nun principio pensábase rodear o edificio do colexio en orixe, o Anpa anima aos veciños a colaborar nesta mostra de agarimo, intentando rodear ao completo todo o perímetro das instalacións, que teñen unha superficie aproximada de 8.000 m2.

O acto está aberto a todas aquelas persoas que dun xeito ou outro colaboran ou colaboraron en formar parte da historia, a historia dun colexio que naceu froito da necesidade de dar cobertura a unha poboación infantil numerosa ligada ao desenvolvemento industrial do Concello e da Comarca da Mariña, cuxa matriz foron as antigas escolas, edificio que hoxe alberga o Museo Provincial do Mar, en pleno centro de san Ciprián.

Un acto en contra de ninguén, que reivindica un desexo

Desde o Anpa estamos seguros do éxito da convocatoria por dous motivos; o primeiro e máis importante é que non vai contra ninguén, senón que expresa o desexo dun gran número de familias e veciños de que o centro siga albergando á comunidade educativa de San Ciprián, porque dá servizo e facilita a cohesión social, xa que os nenos e nenas interaccionan co pobo.

O segundo é que os pais demostramos aos veciños de San Ciprián con argumentos que non se trata dun capricho, senón unha necesidade diaria que facilita a conciliación da vida laboral e familiar pola proximidade das familias, veciños e servizos aos nenos.

Exit mobile version