Site icon Crónica3.com A Mariña

VI Festa do Percebe no porto de Rinlo o vindeiro sábado a partires das doce da mañá

RIBADEO (FNC) .- A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, convidou esta mañá a tódolos ribadenses e visitantes a que acudan o vindeiro sábado 25 á VI Festa do Percebe que se celebrará a partir das 12.00 da máñá e durante todo o día no porto de Rinlo.

A edil nacionalista explicou que “dende o Concello de Ribadeo e dende a Asociación de Percebeiras pertencentes á Cofradía de Pescadores de Ribadeo queremos convidar a todos os veciños da nosa vila, como non, aos veciños do pobo de Rinlo e aos nosos visitantes, a que este sábado día 25 a partires das 12 da mañá acudan ao porto de Rinlo para degustar este prato tan típico das nosas costas como é o percebe”.

Mariluz Álvarez afirmou que “o Concello de Ribadeo e tamén as percebeiras esperamos que o éxito de anos anteriores se repita nesta edición. Como a súa denominación indica estamos xa pola sexta festa o cal quere dicir que é un evento gastronómico, cultural e cun valor turístico e posta en valor do pobo de Rinlo importante, que está moi consolidado”.

A responsable de Cultura engadiu que “polo tanto, animamos a todas as persoas que visiten ese día Ribadeo e tamén aos que residen na nosa vila a que acudan ao porto da Rinlo o 25 de xullo a partires das doce da mañá para poder disfrutar deste día, desta comida, dos percebes, e como non tamén, dun día de festa, de relación e de coñecemento do único pobo pesqueiro que ten pervivencia no noso concello e que ten unhas características fundamentais e diferentes dentro do municipio”.

Exit mobile version