Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Sober e Fonsagrada visitan A Mariña co programa Km0 da Deputación

A MARIÑA .- Dentro do programa divulgativo Km0 da Deputación veciños dos concellos de Sober e a Fonsagrada visitan nos próximo días A Mariña. Así o martes 28 serán 55 membros das Juventudes Musicais de Sober os que participarán nesta iniciativa promovida pola Deputación para dar a coñecer a provincia. Coñecerán o traballo que se está a desenvolver no Centro de Artesanía e Deseño e despois trasladaranse á costa, onde visitarán o Mirador de Estaca de Bares, a praia de Arealonga e o Porto do Vicedo.
O mércores Km0 achegarase a Ribadeo. Neste caso, será un grupo da Asociación de Amas de Casa “A Fiestra” da Fonsagrada o que viaxará ata a Mariña. Visitarán a Illa Pancha e o Castelo de San Damián e percorrerán o casco histórico de Ribadeo. A ruta complétase cunha visita ó Centro de Artesanía e Deseño.

Exit mobile version