Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo fútbol 7 en San Cibrao os días 10, 11 e 12 de xullo

CERVO .- A Concelleira de Deportes, Yolanda Pedreira, acompañada pola Concelleira Pilar Armada e o responsable das Escolas Deportivas Municipais de Cervo, Iván García, presentaron o Torneo Fútbol 7 – Concello de Cervo, que se vai celebrar os vindeiros días 10, 11 e 12 de Xullo no Campo de Fútbol da Veiga (San Cibrao).
O Torneo celebrarase no Campo de Fútbol de “A Veiga” en San Cibrao, o venres pola tarde, sábado e domingo.
A Couta de inscrición é de 120 € que se ingresará antes do día 08 de Xullo na conta da CAIXA GALICIA Nº 2091-0119-59-3040022165, co nome do equipo responsable e teléfono de contacto.

O prazo de inscrición remata o próximo Mércores 08 de Xullo, día no que se realizará o sorteo ás 20.00 horas no Campo de “A Veiga”.
Para que o Torneo se leve a cabo terá que haber inscritos un mínimo de 8 equipos, de non ser así devolverase o importe da inscripción.
Os teléfonos de información son os seguintes: MARÍA: 626 89 21 77 e DAVID: 637 00 85 94.

Os premios que se repartirán serán:

1º Clasificado. 700 € + trofeo.

2º Clasificado: 200 € + trofeo.

3º Clasificado: Trofeo.

4º Clasificado: Trofeo.

Trofeo mellor xogador.

Trofeo máximo goleador.

Exit mobile version