Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos e preguntas do BNG de Viveiro ao pleno do concello

NOTA DE PRENSA
XUNTAMOS AS PREGUNTAS QUE O CONCELLEIRO DO BNG DE VIVEIRO FARÁ Á ALCALDÍA NO PLENO DO DÍA 9

ROGOS E PREGUNTAS QUE PRESENTA O CONCELLEIRO PORTAVOZ DO BNG NA SESIÓN DE PLENO DO 9 DE XULLO DE 2009.

1.-A Empresa R presentou o corrrespondente proxecto para poder ofrecer o Servizo de Telecomunicación por cabo no mes de agosto de 2007.

PREGUNTA:
Cal é a situación do expediente?
Por que non se resolveu esta cuestión?
Que previsións existen para que esta empresa poida prestar servizos en Viveiro?

2.-Calquer veciño/a pode comprobar que se incumpren os horarios para depositar as bolsas de lixo nos contedores. Tamén é posíbel que se utilicen estes contedores para botar restos de peixe. O certo é que nas proximidades destes contedores de lixo hai un desagradabel cheiro.

PREGUNTA:
Ten intención a alcaldía de ordenar á Policía Local que faga un seguimento do cumprimento das Ordenanzas Municipais no tocante ao horario de depósito das bolsas de lixo?.
Cónstalle á alcaldía que se utiliza inecuadamente este Servizo botando restos de peixe nos contedores?
Faise un seguimento do lavado de contedores pola Empresa que xestiona o Servizo?.

3.-O concello de Viveiro veu programando nos últimos anos actividades culturais subvencionadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galiza.

PREGUNTA:
Programou para o ano 2009 o Concello de Viveiro a actividade cultural que se viña ofrecendo, nomeadamente no Teatro Pastor Diaz, ( antes, “circuitos culturais” )?
Se non programou esta actividade subvencionada, cales foron os motivos?

4.-Hai xa máis dun ano que existía un compromiso por parte do Concello para xestionar a adquisición dos terrenos destinados á construción do novo Albergue de Area. Tamén existía o compromiso da Dirección Xeral de Costas para construir o novo Albergue.

PREGUNTA:
En que situación se atopa este asunto?

5.-A cuberta da nave municipal onde funcionou a Escola Taller, en Chavín, está totalmente deteriorada e chove dentro das instalacións.

PREGUNTAMOS:
Que previsións ten a Alcaldía para dar solución a este grave problema?

Exit mobile version