Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo informa que se poden solicitar axudas para a promoción da autonomía persoal e accesibilidade

RIBAEO (FNC) .- O departamento de Asuntos Sociais do Concello de Ribadeo informa que está aberto o prazo para a solicitude das axudas individuais para a promoción da autonomía e accesibilidade. Estas axudas están destinadas a persoas maiores e persoas con discapacidade e son incompatibles con outras axudas de análoga natureza que concedan outros organismos públicos ou privados para o mesmo fin.

As actuacións subvencionables están  están destiñadas á adaptación funcional do fogar, ata 3.000 euros; eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda, ata 3.000 euros; adquisición de próteses dentais, ata 500 euros; audífonos, non previstos no sistema sanitario, ata 800 euros, e ademais outras axudas técnicas para o aseo e a hixiene ou para alimentación.

Entre os requisitos necesarios para realizar as solicitudes figuran:

* Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
* Que a axuda solicitada derive da súa discapacidade ou grao ou nivel de dependencia recoñecida ou ben acredite a súa necesidade.
* Que a axuda solicituda non estea incluida no eido doutras liñas de protección social ou sanitaria.
* Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin e no caso de ter recibido algunha para distinto fin deberá ser xustificado en tempo e forma.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de agosto e tódolos interesados poden recoller toda a documentación na Casa do Concello. A presentación das solicitudes debe facerse nos correspondentes Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta.

Exit mobile version