O Concello contrata a unha auxiliar de axuda no fogar para a substitución das dúas que prestan servizos na vivenda comunitaria municipal durante as súas vacacións anuais. O contrato será pola modalidade de interinidade a tempo completo por un período de dous meses e cinco días. Os interesados poden presentar toda a documentación esixida no rexistro xeral de entrada do Concello ata as 14 horas do 10 de xullo.