BURELA (FNC) .-. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu a visita de responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para falar e analizar o Plan de Ordenación do Litoral e a aplicación que podería ter no municipio. Llano sinalou que “estiveron observando as súas posibilidades, e levaron información sobre o plan xeral, en concreto o avance que se mandou á Xunta hai tan só uns días. O que teñen que ter en conta, e así llelo dixen, son as expectativas de crecemento de Burela”.
O rexedor engadiu que “contan ter rematado ese Plan de Ordenación do Litoral alá polo mes de decembro, pero todo dependerá da aplicación y da acollida que teña entre os concellos afectados”.