CERVO .- Unha representación da Coordinadora de Representantes dos traballadores das Empresas Auxiliares de ALCOA, así como dos sindicatos UGT,CIG e CCOO, foi recibida pola Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato Otero onte en Santiago. Segundo especifican os representantes dos traballadores “nesta reunión sacamos da conselleira o compromiso de mediar, coa intención de sentar nunha mesa os traballadores e a patronal das auxiliares, para non precarizar mais o emprego, baixando os salarios.
Tamén se lle fixo fincapé na competencia entre empresas auxiliares, que leva aparellado a sinatura de contratos a baixa, facendo repercutir nos traballadores estes recortes. Mostrou interese no parque industrial supramunicipal ou cinto industrial de Alcoa, que facilitaría a creación de emprego na bisbarra”.