RIBADEO .- Para comezar a traballar coa nova tempada a SD Ribadeo elixiu á súa nova Xunta directiva, que está formada por: Francisco Garcia Gayol, asume a presidencia da Sociedade Deportiva arroupado polos Vicepresidentes Francisco Fernández Fernández e Pedro Antonio Martínez Fernández, como tesoureiro continua Guillermo Manuel Méndez Canteira, e asume a secretaría Germán Angel Vale Varela que continuase como xefe de prensa.
Vocais Delegados foron elixidos: Ramón Xeneroso Rodriguez Perez, Javier Alonso Penelas, Nicasio Castañal Fernandez, Jose Manuel Folgueiro Lorigados, Jose Manuel Garcia Rocha, Jesús Lopez Penabad, Alejandra Mangiavacchi, Ruben Valledor, Javier Fdez do Viso, Ramon Gonzalez Garcia, Jose Luís Lopez, Juan Barreira Mendez, Tania Oliveira, Gonzalo Barreira e Juan Garcia.
A nova directiva atópase traballando en futuros proxectos e fichaxes de novos técnicos para a próxima tempada 2009-2010. Na que haberá algúns cambios na estrutura e funcionamento da SD, así como convenios con equipos doutras comunidades e cesión de xogadores.
Así mesmo proxecta participación en torneos en distintas comunidades autónomas. Persoas interesadas poden solicitar mais información en www.sdribadeo.es cara á nova tempada.