NOTA DE PRENSA
O Grupo Parlamentario Socialista presenta unha proposición non de lei para o seu debate en comisión
A Iniciativa insta a Xunta de Galicia para que continúe a actual oferta educativa do CEIP Rivera Casas
Dende o Grupo Parlamentario Socialista a través de unha proposición non de lei Insta a Xunta de Galicia, tras unha exposición de motivos, a que continúe a oferta educativa actual no CEIP Rivera Casas.
Esta iniciativa xurde a raíz da visita do portavoz do PSdeG-PSOE na comisión de Educación Guillermo Meijon e o Parlamentario Ismael Rego trala súa visita e reunión coa AMPA do Rivera Casas o pasado 2 de xullo.
Dende o Grupo Municipal Socialista sumámonos a esta decisión xa que o tempo puxo de manifesto a preferencia dos veciños da vila, xa que o R.Casas foi aumentando en alumnado co paso dos anos e que a tendencia natural se pasasen un tempo maior trasladaríanos a situación do ano 2002, dado a súa situación e seguridade para os nenos/as.
Ano no que a propia AMPA pedía a integración dos alumnos no CEIP R.Casas porque a maioría do alumnado estaba en dito centro, e por presións políticas invirtiuse a situación nos centros.
Dende o Partido Socialista lamentamos a aptitude do Conselleiro de Educación xa que por unha banda teña a preto de cen asesores na súa Consellería e por outra estea a pechar centro educativos.
Tamén resulta cando menos chocante que estean a promulgar as enquisas que queren levar a cabo en outras cuestións educativas, e en temas que afectan directamente a unha comunidade educativa non tiveran nin a delicadeza nin a decencia política de comunicarllo a propia comunidade, e se tiveran que enterar do anuncio do peche do colexio a través dos medios de comunicación, e sen unha consulta previa da que tanto presumen.
Dende o Grupo Municipal Socialista seguímonos preguntando cal e a finalidade do Partido Popular e que persigue co peche do Rivera Casas que ata se lle esquecen as formas e o que e mais importante se lle esquece que estamos a falar do futuro centro de unhos/as nenos/as da vila sen preocuparlle o mais mínimo a situación deles.