Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocúpalle ao PP de Burela a contratación de socorristas, o GRUMIR e o horario da biblioteca

Nota de Prensa

O GMPP denuncia o retraso na contratación dos socorristas e do GRUMIR.

Os populares consideran que o alcalde e Nieves Cando deben aclarar onde discrepan e onde coinciden.

Os populares preguntan polo horário da biblioteca polo verán.

O GMPP denunciou hoxe, unha vez máis, o retraso na contratación dos socorristas, porque o alcalde e Nieves Cando tiñan moita urxencia hai un mes, e agora se demostra que o que decían era sólo fogueo dirixido contra a Xunta, porque foron incapaces de telos contratados o día quince de Xuño. Póñense agora en servicio, cando xa hai quince días que comenzou a campaña Bandeira Azul, da que tanto presumen e á que tan pouco caso lle fan.

E como mostra, ese Comité Asesor, ou similar, das praias de Burela, que se creou con fondo orquestal nunha sesión plenaria, e que non se reuniu para planificar nada, nin tan siquera as actividades que durante o verán se desenvolverán nas praias, e seguramente que non se reunirá. O PP, tendo en conta que as actividades programadas para o verán son basicamente as que facía o PP, que por certo eran mui criticadas pola oposición, considera que hasta o ano 2010 este Comité non tén por que reunirse, porque sería inútil.

Ademais, é de destacar o considerable retraso na contratacion do GRUMIR. Burela é o único concello da provincia de Lugo que non tén pechada a contratación do persoal deste colectivo. A culpa, é evidente, só é  do alcalde e das súas fabulacións, que o que fan é perxudicar os intereses dos veciños deste concello.

Por outra banda, os populares preguntarán no pleno de Xullo polo horário da biblioteca polo verán. Entenden que non será  doado tela aberta todo o verán póla tarde, o que poñerá en tela de xuizo o que tantas veces tiñan reiterado PSOE e BNG e criticado ó PP cando nos gobernábamos.

Finalmente, os populares entenden que a cidadanía debe coñecer xa, inmediatamente, cales son os puntos de coincidencia e de discrepancia do alcalde e de Nieves Cando, protagonitas principales da parálise municipal, dado que foron eles os que asinaron o pacto do bigoberno hai dous anos. Os veciños e veciñas de Burela queren saber que é o que se tén pensado facer nos próximos dous anos, porque o que se fixo é palpable: rematar obras que tiña adxudicadas ou en marcha o PP, e aproveitarse do Plano E, que non resolve nada. Fóra deso, ningún proxecto, nada que ilusione, ou sexa, decepción total.

Exit mobile version