Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP o trazado da autovía que defende Burela é a mellor valorada para o medio ambiente

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que Fomento só usa criterios económicos para meter o novo vial pegado á variante.

Os populares afirman que a opción que defende Burela é a mellor valorada medioambientalmente.

Reiteran que seguirán traballando para que as alegacións sexan amplas e consensuadas.

O GMPP de Burela asegurou hoxe que o único criterio que usa o Ministerio de Fomento para decantarse polo trazado do novo vial Barreiros-San Cibrao pegado á actual variante de Burela é o critério económico.

Os populares manifestan que o trazado que defende Burela, que vai polo sur do Concello, e denominado técnicamente no estudio informativo IDH.1.2, é o mellor valorado desde o criterio medioambiental, xa que presenta un túnel de cáseque kilómetro e medio de lonxitude, o que evita que se produzan impactos sobre cauces de auga e masas forestais. Esta solución técnica tamén provoca que o conxunto do presuposto do novo vial, desde Barreiros a San Cibrao, se encareza nun quince por cento.

Os populares afirman que o propio estudio informativo fixa o ano 2033 como remate da amortización da inversión en términos de uso do novo vial; polo tanto, segundo os populares, é lóxico pensar que o valor engadido dos terreos e actividade económica que tén agora Burela, e que non se afectarían de facerse o novo vial polo sur do concello, poden perfectamente superar ese incremento presupostario do proxecto nese prazo de tempo, co que se produciría unha compensación con respecto a tal incremento.

Ademais, segundo os populares, no tocante ós criterios de funcionalidade e territorialidade, o trazado proposto por Burela tamén tén boas valoracións, iguais ou superiores á opción pola que se decanta o estudio.

En relación con este tema, o GMPP reiterou tamén que continuarán a traballar co mesmo espíritu ca traballaron neste asunto hasta agora, ou sexa, colaborando, con lealdade e aportando ideas, todo elo ainda que consideran que o alcalde non está sendo nin transparente nin leal, porque logo de dúas reunións non foi capaz de aportar ningún documento de traballo. Compre lembrar que no mesmo pleno do pasado día 25 pedimos a reunión da Xunta de Portavoces, e pedimos tamén a elaboración dun calendario de traballo. O PP cumpliu, porque o día 26 de Xuño presentamos polo rexistro un escrito propoñendo un plano de traballo, como podemos acreditar documentalmente, ainda que o alcalde pouco ou ningún caso lle fixo. O outro documento de traballo coñecido é o avance de alegacións que O Vencello presentou o pasado luns na reunión co alcalde. O alcalde non presentou ningún.

Foto denuncia:

Esta foto correspóndese coa Rúa do Cantiño. Error humano, sen dúbida, pero que debe ser correxido. Porque xa postos, pódese escribir ALTO e non STPO. O Concelleiro de Obras parece que, ainda que para pouco polo Hospital, tampouco revisa as obras que fai o Concello. Menos mal que non cobra… Pero unha máis de preocupación non lle viría mal.

Exit mobile version