NOTA DE PRENSA
Novamente o PP persigue a Comunidade Educativa do
Rivera Casas.
Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo queremos incidir no acoso e derribo que esta a sufrir a Comunidade Educativa do Rivera Casas sete anos despois do inicio do conflito cos colexios.
O PP en aras de buscar consenso para levar a cabo a reunificación escolar do núcleo de San Ciprian iniciará hai sete anos diversas reunións para tal fin, como a resposta non foi a esperada inicio unha persecución contra todos aqueles veciños que defendían ao Rivera Casas como o colexio mais idóneo para a reubicación.
Novamente o Partido Popular volve a actuar con oscurantismo e falla de transparencia nun tema tan delicado que confrontou de forma moi dura aos veciños e veciñas da vila.
Dende o PSdeG-PSOE de Cervo criticamos duramente o feito de que unha Comunidade Educativa se teña que enterar polos medios do peche do seu colexio, xa que por parte da Xunta de Galicia non houbo ningún comunicado oficial ao Centro.
Dende a Xunta baséanse en criterios técnicos para a elección do Centro pero so falan de matrículas e dan mal o dato, porque a realidade e outra ben distinta e o tempo falou xa que fora das presións políticas os pais prefiren o Rivera Casas pola ubicación céntrica que ten e pola seguridade que lles aporta aos nenos, e a progresión de matricula foi en ascenso ano tras ano.
Recordar que a xustiza deu a razón sobre a sentencia da recalificación do solo en contra do Concello e aínda esta pendente de resolución a interposta contra a Consellería de Educación pola desafectación do Colexio.
O grupo Municipal Socialista tamén vota en falla que o PP dea unha resposta sobre o futuro do colexio que quede invalidado a todos os veciños de San Ciprian.
¿Seguen coa idea do derribo?, ¿Pretenden seguir coa especulación do solo?, ¿Segue en Pe o Pelotazo Urbanistico?
Tratase dunha decisión política cando menos que o PP sexa quen de afrontar as súas propias decisións sen confrontar mais a un pobo que xa esta extremadamente crispado polas actuacións do Partido Popular, e sen pensar nos mais débiles que son os nenos e nenas de San Ciprian que volve a revivir todo o sufrido durante estes anos.