Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do PP de Lugo reuniuse coa A.VV “O Vencello” de Burela para tratar sobre o percorrido da autovía

NOTA DE PRENSA

Barreiro reúniuse con “O Vencello” para estudar o percorrido do corredor Barreiros-San Cibrao ó seu paso por Burela

* O Presidente provincial do PP comprométese a traballar para que o novo vial non afecte o desenvolvemento futuro deste municipio

Lugo, a 2 de xullo de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular e senador José Manuel Barreiro reuniuse hoxe na sede dos populares de Burela coa Asociación de Veciños O Vencello, a petición deste colectivo, para estudiar o impacto do trazado da autovía do Cantábrico no tramo comprendido entre Barreiros-San Cibrao que afecta ó termo municipal de Burela.

Barreiro, que estivo acompañado polo secretario provincial dos populares José Manuel Balseiro, e polo voceiro do Grupo municipal popular burelés, José María González Barcia, despois de escoitar ós representantes veciñais e estudiar con eles os trazados do vial que se inclúen no estudio informativo, nomeadamente a alternativa que propón o Ministerio de Fomento e a que podería ser válida para o Concello de Burela, manifestoulles ós directivos de O Vencello que defenderá calquera trazado que non perxudique ó desenvolvemento futuro de Burela, e que tampouco afecte negativamente a ningún concello. Ademais, comprometeuse a promover as iniciativas precisas para que esto sexa así, e avogou porque todos os sectores do tecido socioeconómico burelés traballen conxuntamente nesta liña.

José Manuel Barreiro salientou que a competencia e a derradeira decisión sobre este asunto é do Ministerio de Fomento, do Goberno Central, ó tempo que lamentou que o PSOE e o BNG rexeitasen a urxencia da moción que sobre este asunto presentou o Partido Popular na Deputación.

Barreiro manifestou que o Goberno Central debería buscar un equilibrio de trazado que, se ben parece manifestarse nos concellos de Barreiros, Foz, Cervo e Xove, rómpese no que se refire ó de Burela, porque é o único punto no que o trazado que propón Fomento se acerca a unha zona moi densa urbanísticamente, e porque claramente coarta o desenvolvemento futuro de Burela.

O presidente dos populares lucenses indicou asimesmo que lle parece axeitado o traballo que se está a facer por parte do colectivo veciñal burelés, e destacou tamén o esforzo e dedicación que está demostrando o Grupo Municipal Popular ó respecto.

Exit mobile version