Nota de Prensa
O Partido Popular quere que a Universidade de Santiago defenda as titulacións que se imparten no Campus de Lugo
• Os populares rexeitan que a provincia de Lugo poida sair perxudicada coa implantación do Plan Bolonia
Lugo, a 22 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular quere que a Universidade de Santiago, dentro do proceso de implantación do Plan Bolonia, defenda as titulacións que se están a impartir na actualidade no Campus lucense.
Con este obxectivo, os populares registraron hoxe na Deputación unha moción, para que sea tratada no pleno do vindeiro martes, relativa á continuidade no Campus de Lugo da titulación de Enxeñería Técnica Industrial na especialidade de Química Industrial. Para elo, os populares piden á Administración provincial que se dirixa á Universidade de Santiago de Compostela e que a inste a que se postule en defensa da continuidade desta titulación en Lugo coas características coas que conta actualmente e que, ó mesmo tempo, lle solicite a USC que se dirixa á Xunta de Galicia no mesmo senso.
Os populares argumentan a súa petición no debate xerado nos últimos días sobre a continuidade ou non da citada titulación, e conscentes de que, de non facelo, tería repercusión moi negativas tanto para a cidade como para a provincia en xeral.
Lembran os populares que a Deputación de Lugo dende hai moito tempo manifestou a súa vontade e vocación por promover o desenvolvemento do Campus Universitario e, neste intre, tampouco pode ser allea á situación que se está a producir e ó sentir maioritario da cidadanía, posto xa de manifesto polo propio Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industrias ou polo Decano da Facultade lucense de Química, e polo tanto urxe que se pronuncie de xeito claro ó respecto.