NOTA DE PRENSA
O GMPP denuncia derrumbes no Camiño de Foxo á vía de FEVE.
Os populares consideran que o alcalde non resolve os problemas do día a día.
Piden solucións inmediatas a este problema.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que o Concello de Burela non atende as cousas do día, e, cando o fai, faino tarde e mal. Os populares poñen como exemplo o camiño de Foxo, partindo da vella ponte sobre FEVE na zona de A Casilla.
Alí, segundo os populares, xa hai máis de un ano que houbo un derrube do camiño sobre a vía do tren. Así pasaron os meses, hasta que hai pouco se fixo un muro de escollera para solucinar o problema, pero o problema volveu a producirse hai uns días, cando un novo derrumbe volve a levar materiais á vía do tren. Nestes momentos, existe sinalización con vallas pero o problema está sen resolver, o que pode crear problemas de tráfico rodado e mesmo de seguridade para os peatóns, que nesa zona son habituais por ser zona de paseo.
O GMPP levará este asunto ó pleno ordinario de Xullo, e preguntará polos motivos do derrumbe, que solucións se adoptaron, e que se tén pensado facer, ainda que confía en que o concello acelere a solución.
Para os populares, esta é unha mostra máis da deixadez do alcalde e tamén do concelleiro de Obras, que pasean moito, fan pouco e o pouco que fan ou non o controlan ou non saben facelo.
Os populares consideran que houbo “irregularidades” na contratación dos socorristas.
Os turnos de vacacións provocan o caos nas dependencias municipais.
Afirman que o alcalde considera que él nunca tén a culpa de nada, sempre é dos demais.
O GMPP denunciou hoxe un caso máis da caótica política de persoal que se leva no concello de Burela, dos “tejemanejes” que se siguen á hora de contratar persoal, e da incapacidade do alcalde de resolver problemas e de poñer orden e rigor no quefacer diaria da vida municipal.
Así, os populares consideran que houbo “irregularidades” na contratación dos socorristas, xa que se seleccionaron persoas ás que logo non se lles asinou o contrato, por culpa de unha aplicación errónea da normativa. Normativa que fala de tempo traballado con anterioridade no concello, pero que é a mesma que se aplicou nos últimos anos, co que non se comprende mui ben que a estas alturas haxa problemas na súa aplicación.
Se se teñen en conta contratos de hasta nove meses no último ano, os socorristas quedan fóra da súa aplicación, e se se teñen en conta contratos nos últimos nove meses, tamén. E se se teñen en conta contratos nos últimos tres anos, os socorristas tampouco terían problemas nese senso.
Por outra parte, os turnos de vacacións están provocando o caos nas dependencias da Casa do Concello, pola incapacidade do alcalde de racionalizar os servicios. Así, o rexistro municipal é atendido por varias persoas, cando é un servicio que debe levarse con certo rigor pola transcendencia que tén de cara ós administrados.
Todo esto demostra a incapacidade organizativa do alcalde, acostumbrado nos últimos meses a eludir calquera responsabilidade, xa que el nunca tén a culpa, e sempre son os demais os que poñen atrancos e problemas. E por riba, os problemas non se resolven, as súas frases preferidas son as de “estamos en ello, precisamente agora estamos traballando neso, non hai ningún problema” ou frases similares.