NOTA DE PRENSA
Os populares fixeron hoxe balanzo dos dous anos de Goberno do PSOE e o BNG na Deputación de Lugo
Barreiro: “Un goberno con múltiples cabezas, pouco traballador, ineficaz e cunha retahíla de promesas aínda por cumplir”
* Para o voceiro do GPPP, importouse á administración provincial o esquema bicéfalo da anterior Xunta bipartita “co engadido de que eiquí hai ademais varios subpresidentes”
* Barreiro tachou ó Presidente da Deputación de “home anuncio” e suliñou que a coordinación que mantén co Vicepresidente Antón Bao limitase “á aperta mediática que se deron onte”
* Gómez Besteiro, ó entender dos populares, non cumpriu as máximas que predicou no seu discurso de investidura: fomenta o despilfarro, non custodia debidamente o patrimonio provincial, obvia o respeto institucional debido ós concellos, practica o sectarismo político e paraliza ou ralentiza obras encamiñadas á vertebración da provincia
Lugo, a 14 de xullo de 2009.- O GPPP, encabezado polo seu voceiro José Manuel Barreiro, ofreceu esta mañá ante o pazo provincial unha rolda de prensa para facer balanzo dos dous primeiros anos do equipo de goberno da Deputación que preside José Ramón Gómez Besteiro.
Barreiro lamentou que “prácticamente teñamos que dicir o mesmo que hai un ano”. Así, segundo indicou, a primeira consideración é indicar que “non se traballa”. “Sin ir máis lonxe, no primeiro semestre deste ano o Presidente faltou á metade das xuntas de Goberno”, explicou, ó tempo que engadiu que Gómez Besteiro limítase a ser “o home anuncio, que di que vai facer esto ou aquilo pero que ó final nunca fai nada”.
No que si coincido o voceido dos populares co equipo de goberno provincial é en que “a Deputación é a casa de todos porque convertírona nunha axencia de colocación para os membros destacados do Goberno bipartito da Xunta”.
Non se resolven os problemas dos cidadáns da provincia. Non hai, por exemplo, axudas directas ó sector primario; nin se acometen ou retrásanse en exceso e sen razóns obxectivas obras importantes reiteradamente prometidas, como é o caso dos parques de bombeiros ou a execución de melloras en viais xa previstas polo anterior goberno provincial.
Despilfárranse os cartos de todos en actuacións nas que o que prima é o autobombo de Gómez Besteiro. Un exemplo: adicáronse 700.000 euros á adquisición dun coche e á remodelación de locais do pazo provincial.
Desaténdeuse o mantemento e conservación do patrimonio provincial que causou xa perdas millonarias. De feito, tomando únicamente como referencia a Residencia Miño ou o complexo quirogués de Augasmestas perdéronse ó redor de 1,4 millóns de euros.
Ademais, a división existente no equipo de goberno non só se limita á parte socialista e nacionalista senón que hai claras diferencias no seo de ambos bandos. “O Goberno bicéfalo que practicou o anterior Goberno da Xunta trasladouse á Deputación de Lugo. Non só hai dous copresidentes, que defenden e valoran as súas áreas por separado, senón que tanto na ala socialistas como na nacionalistas son visibles as tendencias diferentes e sobre todo diverxentes que existen. No BNG, e eso que só son tres, Vega Buján pasa de consultar ou compartir nada cos seus compañeiros; e no PSOE, aínda que hai varias ramas, destaca a división existente con Manuel Martínez, quen tampouco se preocupa por disimular que vai por libre, ata tal punto que os rumores de destitución soan cada día máis con máis forza”, explicou Barreiro. “A coordinación entre Besteiro e Bao limítase á aperta que se deron onte para a foto”, engadiu.
Ademais, os populares, segundo explicou o seu voceiro, seguen a botar en falla o cumprimento dalgunhas das promesas realizadas polo Presidente na súa toma de posesión.
Así, segundo indicou durante a súa intervención, a cooperación cos concellos, que ía constituir un dos principios básicos da administración provincial “brila pola ausencia” e redúcese a cuestións informáticas e de recaudación municipal. Bótanse en falla axudas a municipios de más de 5.000 habitantes para pequenas obras, por exemplo.
No que atinxe ó segundo principio aludido por Besteiro na súa investidura, a proximidade á cidadanía, dende o PP non se atopa nada novo agás a “gran operación de marketing” que é o Km0 e que emprega ademais como fiestra de proxección dentro do seu propio partido. Pese a elo, a día de hoxe moitos lucenses aínda descoñecen quén é o Presidente da Deputación e dubidan entre Besteiro e Bao.
No que se refire ó principio de transparencia e neutralidade, ó entender do GPPP, habería máis ben que redenominalo como oscurantista e partidista. Así, segundo lembraron, Besteiro comprometérase a visitar antes de finais de 2007 todos os concellos de Lugo e a entrevistarse cos 67 rexidores locais. A realidade é que eses encontros aínda están pendentes en moitos municipios e que, casualmente, a maioría dos que faltan están gobernados polo Partido Popular. Proba delo son tamén os percorridos que realiza o Presidente por diversos concellos para, por exemplo, visitar obras que contan con 12.000 euros de inversión, das que nin sequera se avisa ós alcaldes, casualmente tamén do Partido Popular e anunciase a próxima contratación de obras nos municipios afectados polo pago do canon cando aínda está pendente a reunión solicitada en novembro de 2007 por varios rexidores para aborda este asunto.
Nada se sabe tampouco da conferencia de alcaldes que dixo ía convocar e o debate sobre o estado da provincia, que se presentou no seu día coma un gran novidade, foi retirada do borrador do regulamento da Deputación a petición do PP e o do BNG.
Sobre o cuarto principio enarbolado por Besteiro, o referido ó respeto á pluralidade política, queda cuestionado con numerosos exemplos e coma mostra baste indicar que non hai moito tempo a Xunta de Goberno adxudicou cinco obras e as cinco ían destinadas a concellos socialistas.
PLENOS SEN CONTIDO.-
Dos plenos celebrados pola corporación provincial durante estes dous ano de goberno, poucos foron os asuntos de trascendencia incluidos na orde do día polo equipo de goberno e a maioría dos asuntos aprobados estaban vinculados ó persoal da Deputación. “O PP segue a asumir o peso das sesións porque son as nosas iniciativas as que lle dan contido”, asegurou José Manuel Barreiro.
Así, segundo indicou, o Grupo Provincial Popular. Así, salientou que nestes dous anos o PP presentou preto dun cento de iniciativas, das que 43 foron mocións, que “contrastan frontalmente co feito de que sobran dedos dunha man para contar as iniciativas de socialistas e nacionalitas, que casualmente ademais principiaron a plantexar tras o relevo producido no Goberno da Xunta”.
Os populares consideran, por tanto, que foron dous anos perdidos para a resolución dos problemas cotiáns dos veciños e veciñas da provincia de Lugo e “todo elo”, ó entender de Barreiro, “é froito da falla de rigor no traballo e da ausencia de preocupación polo día a día de Gómez Besteiro, máis interesado na súa promoción dentro do PSOE que en buscar o mellor para a provincia”.