Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reúnese co alcalde de Cervo para falar da Autovía

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela reúnese co alcalde de Cervo para falar do vial Barreiros-San Cibrao.

González Barcia e Pablo Pernas pídenlle ó alcalde de Burela que se reúna cos seus homónimos de Foz e Cervo.

Os populares valoran positivamente a reunión coa CEL celebrada onte.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Burela, José María González Barcia, acompañado do concelleiro Pablo Pernas, reuniuse onte co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, para explicarlle a postura do PP burelés sobre o trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros ó seu paso por Burela.

Barcia e Pernas explicáronlle ó alcalde cervense o traballo que está a facer o PP burelés e tamén outros colectivos, como O Vencello. Asimismo, quedaron sorprendidos porque o alcalde de Burela ainda non se sentou co alcalde de Cervo para falar sobre este asunto, cando o prazo de presentación de alegacións está próximo a rematar, e se podería ter artellada algunha posibilidade de actuación conxunta entre os dous concellos, ou, cando menos, intercambiar opinións e información.

Cómpre lembrar que o alcalde de Burela dixo publicamente que falaría cos concellos veciños e semella que ainda non o fixo. Desde o PP pedímoslle por escrito, presentado hoxe no rexistro do concello, que o faiga, e que alomenos explique a nosa postura ós alcaldes veciños, e tente buscar, de ser posible, algunha fórmula de actuación conxunta, sempre buscando a defensa dos intereses de Burela.

Barcia e Pernas indicaron que esto foille comunicado por escrito ó alcalde, e que desde o PP están dispostos a asistir a esas reunións, se se celebran e se se lles pide.

Os representantes do PP de Burela agradecéronlle ó alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a súa receptividade, e confían en que esta reunión serba como base para as que se deben realizar entre os dous alcaldes sobre o asunto que nos afecta.

Por outra banda, o PP amosouse satisfeito coa reunión con empresarios mantida onte nos locais da CEL e confia en que a organización empresarial se manifeste para defender o futuro de Burela. Na reunión explicáronse con detalle tanto o trazado polo que decanta Fomento coma o que defende o PP, e tamén se fixo un resume do documento de inicio presentado polo PP para a formalización de alegacións.

Exit mobile version