Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide que se inclúen obras nos orzamentos do Estado para 2010

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela pide que se acondicione a zona deportiva do parque Rosalía de Castro.

Os populares afirman que no presente ano Costas non está a executar obra nova en Burela.

Presentan unha moción pedindo a inclusión de obras nos presupostos do Estado para 2010.

O GMPP de Burela presentou no concello dúas mocións para seren debatidas no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro luns.

Na primeira delas, os populares reclaman que o Concello elabore un proxecto, e consigne presuposto a tal efecto, para acondicionar a zona deportiva existente entre a Casa do Mar e o Parque Rosalía de Castro, tal e como se está a facer noutras vilas e cidades de Galicia. O acondicionamento consistiría na colocacion de solo especial para zonas deportivas incardinadas na trama urbana, e maior e mellor dotacion deportiva, aparte de eliminar todos os grafitis que se atopan na zona, substituindo os mesmos por elementos decorativos acordes coa zona deportiva.

O PP lembra que a última actuación na zona deportiva fíxoa o equipo de goberno popular, e que a mesma é mui usada por xóvenes para ocupar o seu tempo de lecer. Os populares entenden que habería que buscar outro espacio, no mesmo casco urbano burelés, para ubicar outra zona similar, ainda que é realmente complicado.

A segundo moción que presentan os populares tén que ver coas actuacións da Direccion Xeral de Costas no noso Concello.

Os populares lembran que Costas sempre fixo investimentos en Burela, pero resulta curioso que no presente ano só se faigan obras de mantemento, ou a colocación da estrela dos ventos no espigón do Cabaliño, e se rematasen as obras do acceso á praia de Rueta, que parten da Marosa e que polo tanto afectan ó prprio concello de Burela. Por certo, proxecto este que se redactou e se expuxo ó público cando o PP gobernaba no concello de Burela.

Polo tanto, nos presupostos do Estado deste ano non están a rexeneración da praia de Perdouro nin o edifício de servicios de Portelo (ámbolos dous proxectos elaborados co goberno municipal do PP), e tampouco o edifício de servicios de Ril, que os populares consideran conveniente. Obras que o alcalde anunciou hai meses como algo que se ía facer con carácter inminente pero que non contan con dotación presuspostaria nos presupostos do Estado deste ano.

A moción, polo indicado, e atendendo ás excelentes relacións que sempre houbo con Costas, e tamén atendendo á receptividade que sempre tiveron os responsables de Costas de Lugo, pide que o Concello de Burela solicite a Costas a finalización dos proxectos e a inclusión das correspondentes partidas presupostarias para o exercício de 2010.

Os populares lembran que os dous paseos de O Cantiño, e o paseo desde Portelo á A Marosa foron feitos cun goberno municipal do PP.

Exit mobile version