Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela considera que as medidas na finca do Campón chegan tarde

NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que as medidas na finca do Campón chegan tarde.

Aseguran que os veciños xa levan un mes preocupados pola presencia de insectos.

Lembran que sobre esta finca xa se formularon preguntas en plenos.

O GMPP consideran que as medidas de eliminación de insectos e da enorme charca de auga existente nunha finca do Parque do Campón chegan tarde, porque os veciños xa foron polo Concello hai um mes para denunciar esta situación, sen que hasta o momento se lles fixese caso ningún por parte do alcalde.

Os populares lembran que a situación desta finca xa foi levada a pleno polo PP a través de preguntas en varias ocasións. Ademais, o alcalde tén que saber que en situacións nas que se pón en risco a saúde pública, o concello pode actuar inmediatamente de oficio, porque a lei o permite. E non o fixo cando algún veciño se foi queixando ó Concello da presencia masiva de insectos nas súas vivendas hai xa cáseque un mes.

Polo tanto, está ben que dunha vez por todas se tomen medidas, pero desde o PP pedimos que se tomen con absoluta urxencia, dado que se vén unha subida de temperaturas os veciños volverán a atoparse co mesmo problema.

Exit mobile version