NOTA DE PRENSA
González Barcia considera que o alcalde ocultou información á comisión das alegacións sobre o novo vial San Cibrao-Barreiros.
Os populares votan a favor das alegacións.
Barcia asegura que o alcalde “perdeu os papeles, estuvo insultón e non me deixou falar”.
O portavoz do GMP de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que no pleno de onte “quedou demostrado que o falso talante do alcalde e o seu finxido buenismo esconden intolerancia e sectarimo, xa que non quería que eu intervise na dación de conta da execución do presuposto do presente ano, e tampouco me deixou empregar un segundo turno no debate da moción presentada polo PSOE e o BNG. Non foi capaz de dirixir o debate de forma correcta, estaba mui nervioso e fora de si, e mesmo chegou a descalificarme chamándome ‘chufón’, cousa que vindo de que vén non tén a menor importancia”. Barcia asegura que é a primeira vez que escoita como un alcalde descalifica e insulta ó portavoz do grupo da oposición, que ademais é o grupo maioritaria e representa a dous mil catrocentos votantes, lle guste ó alcalde ou non.
O importante, para González Barcia, é que o alcalde foi á Deputacion Provincial o pasado día 16, como consta nas hemerotecas e medios dixitais, para entrevistarse co presidente da Deputación; según a nota de prensa emitida polo alcalde, falouse do informe que estaba elaborando a Deputación. Pois ben, ou o enganaron, ou o alcalde estivo ocultando información á comisión que traballou para a presentación das alegacións, porque o informe da Deputación tén data de catorce de Xullo, é decir, dous dias antes da entrevista o informe estaba redactado e asinado polo técnico da Deputación. Esto quedou demostrado no pleno de onte, e o alcalde foi incapaz de xustificar o inxustificable. O certo é que a comisión estivo traballando durante quince dias sen coñecer o contido dese informe, que el puido avanzar, e que por certo está mui ben elaborado e podía servir de pauta de traballo. Se el sabía que o informe estaba feito, tiña a obligación de comunicalo á comisión.
Tanto decir que as alegacións eran cousa de todos, e que había que ir todos no mesmo carro, pero el foi solo ás reunións que organizou, e non deu explicacións sobre o que nelas se falou.
O PP, afirmou Barcia, votou a favor das alegacións feitas polo concello, ainda que aporta tamén as súas propias, que non difiren substantivamente das aprobadas. As alegacions feitas polo PP tamén foron presentadas no día de hoxe, martes, na Subdelegación do Goberno en Lugo. Segundo o portavoz dos populares, o traballo forte recaeu fundamentalmente sobre a Asociación de Veciños O Vencello, e o concello debería de abonarlles os gastos xenerados, algo que quedou formalmente solicitado polos populares a través dun rogo.
Ademais, González Barcia indicou que os populares votaron a favor da mocion presentada polo PSOE e polo BNG na que solicitaban á Xunta que emitise un informe favorable ó cambio de trazado solicitado por Burela. Neste punto, o alcalde perdeu totalmente os nervios e impediulle ó portavoz popular facer uso dun segundo turno, segundo Barcia, para provocar que abandonásemos o pleno e así poder criticarnos decindo que nos fóramos para non votar a súa moción. Daba a impresión, afirma Barcia, que non lles gustou que votásemos a favor. E fixémolo, ainda que eles presentaron esta moción de urxencia, con data de día 24 deste mes, e que curiosamente non foi como tal á comisión informativa que se celebrou esse día, e que se rexistrou no concello onte mesmo, día vintesete. Esta forma de actuar fala ben ás claras do sectarismo deste alcalde e dos partidos que o apoian, xa que o máis lóxico sería que esa moción se presentase como proposta da alcaldía, e mesmo consensuada coas tres forzas políticas e tamén consensuada na mesma comisión de alegacións, dada a súa importancia. Pois ben, non foi así, se mete a mociòn de esguello, e con todo e eso o PP vota a favor.
O que quedou demostrado, segundo o PP, é que os populares traballaron, foron leales, e colaboraron, porque en todo momento se estivo de acordo co traballo da comisión no fundamental. O que non vamos facer é quedar calados ante determinadas actuacións do alcalde que non nos gustaron, e temos todo o dereito do mundo a decilo en voz alta, porque somos o grupo maioritario da corporación burelesa e o mais votado.