ORTIGUEIRA .- A crise non puido co Festival Internacional do Mundo Celta e desde o luns e imparable a chegada a vila de folkies que colonizan Ortigueira hasta o domingo. Máis de 90 mil almas calculan que invadiran a fin de semana Ortigueira e o pinar de Morouzos, nas inmediacións da praia, superará, con moito, o número de habitantes de todo o concello de Ortigueira que ronda os 7 mil. Morouzos transformarase no maior asentamento de poboación da costa norte.
Este ano celebrase a edición número 25 desde que se iniciou a cita ortegana fai 31 anos; durante seis non houbo festival por motivos varios. O festival de ortigueira é o maior evento gratuíto do mundo dedicado a musica celta.