Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal de intervención rápida de Burela está incompleto, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela critica que o GRUMIR ainda estea incompleto.

Os populares pregúntanse onde está a urxencia manifestada a principios de Xuño.

Consideran que o bigoberno busca a foto e non resolve problemas.

O GMPP de Burela criticou hoxe que o GRUMIR burelés sexa o único en toda a provincia que ainda está incompleto, logo de que o alcalde e Nieves Cando pedisen “urxentemente” á Xunta o pasado catro de Xuño que “urxentemente” resolvese as subvencións dos GRUMIR, porque tiñan que empezar a traballar “urxentemente”.

Polo tanto, o Grupo Municipal do PP, solicitoulle ó alcalde que “urxentemente” aclare o por que do retraso na posta en marcha do GRUMIR que ainda comenzou a funcionar hai unha semana, e de forma incompleta.

Para os populares, esto é unha grave irresponsabilidade, porque deixa en mui mal lugar a capacidade do alcalde para xestionar os problemas diarios. Eso si, nos últimos dias estamos asistindo a um incremento da presencia mediática do alcalde e do bigoberno, anunciando e reanunciando, como se dunha axencia de publicidade se tratase, buscando desesperadamente a foto ante a incapacidade de presentar proxectos que xeneren ilusión na xente.

Os cidadáns de Burela, segundo os populares, ainda están esperando a que o bigoberno nos aclare que proxectos se van abordar nos vindeiros dous anos, porque nestes dous que van de mandato só viviron das rendas e dos proxectos que deixou o PP e don Plan E.

Exit mobile version