Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro Ardora de San Ciprián estreou “Estigmas”, a súa terceira peza

SAN CIBRAO .- O grupo de teatro Ardora de San Ciprián estreou a súa terceira peza, Estigmas, na Casa da Cultura cuio aforo non foi capaz de acoller ós espectadores que querían ver a interpretación. Estimas, orixinal de Francisco Piñeiro e dirixida por María Paz Rodríguez Silva, foi interpretada por Adeli Fernández, Clara Rey, Josefa Núñez, Mª Xosé López, Lidia Pernas, Sabela Campo e María Paz Rodríguez Silva.

Nota de Prensa
O grupo de teatro Ardora de San Ciprián estrenou “Estigmas”, a súa terceira peza, onte día 14 de xullo, na Casa da Cultura de San Ciprián cun aforo insuficiente para acolle-la  inxente cantidade de público asistente ó acto, tendo que permanecer moita de pé e  parte dela ás portas do patio de butacas.
“Estimas “, orixinal de Francisco Piñeiro e dirixida por María Paz Rodríguez Silva, foi interpretada por Adeli Fernández, Clara Rey, Josefa Núñez, Mª Xosé López, Lidia Pernas, Sabela Campo e María Paz Rodríguez Silva. Todas elas  mostraron no escenario o camiño da igualdade e do recoñecemento do protagonismo feminino como unha das pedras angulares da evolución social para que nuca máis unser humano , polo feito de nacer mulller, leve unha marca indeleble que lle impida pensar ou berrar libremente e con orgullo : eu quero ser muller.
As compoñentes do grupo, abrumadas polo poder de convocatoria do seu traballo, agradecen a todo o público asistente as múltiples e sonoras ovacións  recibidas.

Exit mobile version