O VALADOURO .- O director da Escola da Municipal de Música de Foz, Arcadio Mon, presenta en O Valadouro o seu último traballo e interpretará, entre outros os temas “Dous amores”, relacionado con Alfoz e O Valadouro, e a “Rumba do Valadouro” da que é autor Manuel Lourenzo. Será o venres, día 24, no salón de actos da Casa da Cultura.
.
Nota de Prensa
Concerto Poético-musical en O Valadouro
O vindeiro venres, 24 de Xullo de 2009 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro vaise a presentar o último traballo do compositor e director alfocense da Escola da Municipal de Música de Foz, Arcadio Mon García.
Neste último traballo que se presenta en Ferreira vanse a interpretar dous temas moi importantes para o val. Un deles é un tema escrito e composto por Arcadio Mon e vai adicado ós dous concellos que integran o val que rega o rio Ouro, Alfoz e o Valadouro.
Este tema, que se titula “Dous Amores” é un dos temas que nos vai a presentar Arcadio acompañado por profesionais da talla, entre outros, de Lino Rico ou Antonio Mandiá.
O outro tema que se vai a interpretar vai a ser a “Rumba do Valadouro” escrita polo Fillo Predilecto de O Valadouro, dramaturgo e Premio Nacional de Literatura Manuel Lourenzo e que vai a estar interpretado polo gaiteiro Jorge Castro.
Xunto a estes temas vanse a interpretar varias composicións escritas e compostas por Arcadio Mon.
A presentación do traballo de Arcadio vai a ter lugar na véspera do patrón de Galiza o vindeiro venres, 24 de Xullo de 2009 ás 21:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira de O Valadouro