Site icon Crónica3.com A Mariña

O Delegado de Deportes da Deputación comprobou os traballos de melloras no campo de Cantarrana, en Viveiro

VIVEIRO .- O delegado a Área de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, verificou onte a substitución das porterías do campo municipal de fútbol de Cantarrana, en Viveiro. As anteriores, que tiñan varias décadas de uso e presentaban un mal estado xeral froito do avellentamento, foron substituídas por outras de perfil cilíndrico, homologadas para a competición deportiva, sendo financiadas na súa totalidade pola Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo. Antonio Veiga sinalou que esta aportación “forma parte da liña de colaboración da Área de Cultura e Deportes co deporte e cos deportistas de Viveiro, nomeadamente cun club como o Club de Fútbol Viveiro que conta con até cinco equipos federados e fai unha importante labor no fomento do deporte de base, e polo tanto merece ser apoiado firmemente”.

Na visita, o deputado nacionalista, Antonio Veiga, estivo acompañado polo concelleiro de Deportes de Viveiro, Xesús Antonio Fernández Cal, o Presidente do Club Fútbol Viveiro e o concelleiro do BNG na corporación de Viveiro, X. Antón Goás Basanta.

Os dirixentes do Club Fútbol Viveiro agradeceron a colaboración a Área de Cultura e Deportes da Deputación, xa que despois de ter acudido a diferentes administracións para levar adiante este cambio sen que as súas xestión deran froito, foi finalmente a área dirixida na Deputación polo nacionalista Antonio Veiga quen financiou este cambio.

Exit mobile version