SANTIAGO .- O Concello de Viveiro “cobrou xa 890.680 euros dos 915.000 previsto pola Xunta de Galicia para o realoxo dos afectados do barrio do Celeiriño, en Viveiro, e so quedan pendentes de pago 24.320 euros”, aseguran desde a Xunta e indican que, “con respecto á oferta de cesión das vivendas que deben derrubarse, no expediente remitido polo Concello non constan os documentos acreditativos da propiedade de ditas vivendas, polo que no devandito escrito se indica que o Concello deberá remitir ao IGVS ditos documentos, xunto co último recibo do IBI.
O Concello de Viveiro cobrou en abril a case totalidade dos fondos aprobados pola Xunta para os afectados polo derrumbe do Celeiriño en Celeiro
-O 1 de abril de 2009 o IGVS abonou ao Concello un total de 890.680 euros, exactamente a cantidade xustificada polo Concello
-Quedan pendentes de pago 24.320 euros. O Concello deberá previamente determinar a que se van destinar.
-O expediente para a cesión das vivendas que deben derrubarse enviado polo Concello ao IGVS está incompleto ao faltar os títulos de propiedade e os recibos do IBI
Viveiro (Lugo), 27 de xullo de 2009.- O Concello de Viveiro cobrou xa 890.680 euros dos 915.000 previsto pola Xunta de Galicia para o realoxo dos afectados do barrio do Celeiriño, en Viveiro, e so quedan pendentes de pago 24.320 euros que o Concello debe indicar ao IGVS como se van repartir, xa que algúns dos beneficiarios destas axudas xa chegaron ao tope máximo da subvención.
O pasado 1 de abril o IGVS fixo efectivo ao concello de Viveiro 890.680 euros destinados á adquisición de novas vivendas por parte de sete afectados do Celeiriño, posto que o octavo renunciou á axuda. A cantidade aboada corresponde integramente ao gasto xustificado polo Concello.
Por medio dun escrito, o IGVS comunicou ao Alcalde de Viveiro que “quedamos á espera do informe dese Concello sobre que actuación consideran máis conveniente” en relación co abono dos 24.320 euros pendentes de pago. No escrito indícase que, de conformidade co acordado polo Consello da Xunta, esa cantidade so podería destinarse a sufragar os gastos asociados á adquisición das vivendas dos afectados que non esgotaron a cantidade establecida en dito acordo do Consello. Indicase tamén que no caso de que o Concello desexe incluír a ditos beneficiarios no reparto deses fondos sería preciso como paso previo volver a elevar novamente o expediente ao Consello da Xunta de Galicia.
Polo que respecta á oferta de cesión das vivendas que deben derrubarse, no expediente remitido polo Concello non constan os documentos acreditativos da propiedade de ditas vivendas, polo que no devandito escrito se indica que o Concello deberá remitir ao IGVS ditos documentos, xunto co último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles.