LOURENZÁ .- O Concello de Lourenzá convoca o “13º Concurso Fotográfico Festa da Faba” para traballos inéditos, en branco e negro ou cor, con un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 30 x 40 cm, debendo acreditar por escrito a propiedade intelectual das mesmas, según indican dende a organización da XIX edición da Festa da Faba de Lourenzá. Os participantes optan a dous premios por un importe total de 700 euros.
Nota de Prensa
XIII CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA
FOTOGRAFÍAS E IDENTIFICACIÓN
Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 fotografías e un mínimo de 4. Éstas deberán ser inéditas e que non fosen premiadas en concursos anteriores.
Adimitiranse fotografías en b/n e cor cunhas medidas comprendidas entre un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 30 x 40 cm debendo acreditar por escrito a propiedade intelectual das mesmas. Asimesmo deberán ser presentadas en formato dixital (CD) para a publicación das 2 series gañadoras no web www.fabadelourenza.com – www.concellodelourenza.es. Non deberán ir montadas nin reforzadas sobre cartulina, nin con “passepartout” e tampouco poderán ser presentadas enroladas, non sendo admitidas imaxes de montaxes.
Farase constar ao dorso de cada unha o título da obra e o número de orde dentro da serie, así como o nome e apelidos, domicilio e teléfono do autor. No caso de querer participar baixo seudónimo deberase adxuntar nun sobre xunto ás fotografías os datos solicitados anotando no exterior do mesmo e no dorso das fotografías o lema baixo o que se presenta e o título da obra.
PRESENTACIÓN
As obras poderán ser presentadas no CONCELLO DE LOURENZÁ, Praza do Conde Santo, s/n 27760 Lourenzá (Lugo), Tfno. 982 12.10.06 e 982 12.15.52, ou ben remitidas por correo ou calquer outro transporte indicando no sobre “XIII CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA”.O prazo de presentación remata o 18/09/09, e para as fotos remitidas por correo entenderase como data de presentación a do mataselos do sobre.
PREMIOS E DEREITO DE EXHIBICIÓN
Premiarase a serie de fotografías presentadas con Temática Libre Lourenzá (Categoría A – que sexan representativas, recoñecibles, distintivas e identificativas do Concello de Lourenzá) e a serie presentada con Temática Libre (categoría B – sen ninguna restricción) establecéndose os seguintes premios:
Premio Serie Fotográfica “Libre Lourenzá”…………………….. 500 €
Premio Serie Fotográfica “Libre” …………………………..………..…. 200 €
Cada autor só poderá recibir un único premio que se outorgará a aquelas fotografías que a xuizo do xurado reflictan mellor e con maior calidade o tema que se desexe resaltar. Ningún premio quedará deserto, pasando a ser propiedade do Concello de Lourenzá as obras premiadas das que poderá dispor libremente sempre que se cite ao autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural.
XURADO
O Concello de Lourenzá designará un xurado para a calificación das obras presentadas que emitirá o seu faio inapelable, actuando de secretario unha persoa en representación da entidade convocante, dándose a coñecer en acto público o día 03/10/09.
DEVOLUCIÓNS
As obras non premiadas poderán ser devoltas aos seus autores despois da súa solicitude ben sexa escrita (carta ou fax) ou retirando os orixinais personalmente nas oficinas do Concello entre o día 6 de outubro e 27 de novembro do 2009. Rematado este prazo as obras pasarán a formar parte do patrimonio do Concello.
OUTROS
A organización convocante queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
A concurrencia a este concurso implica a aceptación das presentes bases.