Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo abriu as pisicinas da urbanización de Rio Cobo

Cervo abriu as pisicina da urbanización de Rio Cobo
CERVO .- Os veciños de Cervo teñen a oportunidade de facer uso das piscinas ao aire libre sitas na urbanización Rio Cobo, unha vez finalizados os traballos de limpeza e acondicionamento do espazo de baño. O Concello de Cervo procedeu á apertura dos vasos, todos os días da semana de 15 a 20 horas. Así o explicaron desde a concellaría de Deportes que dirixe a edil Yolanda Pedreira.
NOTA DE PRENSA

O Concello xestiona as instalacións sitas nesta urbanización que dispoñen dunha variada oferta deportiva: ademais da natación pode practicarse tenis, fútbol, baloncesto e squash

OS VECIÑOS DE CERVO XA DISFRUTAN DA PISCINA AO AIRE LIBRE DE RIO COBO

•    O club deportivo de Río Cobo tamén dispón dunha cafetería cun amplo local, reaberta fai un ano tras a súa adxudicación polo Goberno municipal.

Cervo, 4 de xullo de 2009.- Os veciños de Cervo teñen a oportunidade de facer uso das piscinas ao aire libre sitas na urbanización Rio Cobo. Así o explicaron desde a concellaría de Deportes que dirixe a edil Yolanda Pedreira. Unha vez finalizados os traballos de limpeza e acondicionamento do espazo de baño, o Concello de Cervo procedeu á apertura dos vasos, todos os días da semana de 15 a 20 horas, nun horario que se prolongará durante toda a xornada estival. Conta como é preceptivo con persoal municipal debidamente formado para labores de socorrismo e salvamento, encargados da vixilancia da área de baño.

As instalacións deportivas de Rio Cobo, que xestiona o Concello de Cervo tras a cesión efectuada polos veciños da urbanización, dispoñen ademais de dúas piscinas -unha para adultos e outra para os rapaces-, dunha pista polideportiva descuberta, dúas pistas de tenis e dúas máis para a práctica de squash.

REAPERTURA DA CAFETERÍA

Xunto a iso, a adxudicación fai un ano da cafetería emprazada nesas instalacións, permite que os usuarios que acudan á piscina municipal descuberta ou a practicar os distintos deportes, poidan facer uso deste servizo. O espazo hostaleiro do Club de Rio Cobo é, polas súas dimensións un dos máis amplos do Concello de Cervo

Exit mobile version