BURELA (FNC) .- A Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela, da que é responsable José González Legazpi, está a promover a realización da I Feira de Stocks para antes do outono. Estes días estánse a enviar comunicacións por correo ao sector comercial se Burela para convocalos a unha xuntanza que tera lugar o mércores 15 de xullo ás 21 horas no salón de plenos do Concello.
González Legazpi sinala que “as feiras de stocks, representan unha forma ou posibilidade de venda e por tanto de xeración de recursos primordialmente no sector do comercio, como consecuencia dos prezos de saldo ou atractivos para a súa compra. Trátase sempre de mercancía que se atopaba en disposición de venda nos comercios dentro da última tempada, en nunca poden terse adquirido expresamente para a ocasión. Están actualmente a celebrarse estas feiras en algunhas cidades con importantes resultados de venda”.
O edil de Comercio engade que “pretende facerse dende a Delegación de Comercio de Burela, un sobreesforzo económico nun momento de crise, para que o sector do comercio de Burela, dispoña de posibilidades axeitadas para desenvolver actividades dentro dun espazo de feira, para dar así, saída en menos tempo aos productos dos que desexa desprenderse, obtendo por tanto tamén unha venda máis rapida, que pode posibilitarlle deste xeito unha mellor capacidade de renovación”.
Na reunión cos comerciantes prevista para este mércores ás 21 horas no salón de plenos, “perfilarase todo o preciso para dotar de sentido e organización a esta I Feira de Stocks, que consideramos de interés para o fortalecemento dos sectores económicos do noso concello,máxime nun momento de recesión como o presente, polo que agardamos que acudan a esta reunión o maior número de comerciantes de Burela”.