Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela mellora o edificio de usos múltiples

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela está a mellorar o edificio de usos múltiples no que se atopan as oficinas da Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello, así como os locales de distintas asociacións do municipio, xunto coas dependencias de Capitania Marítima e Grupos de Intervención. Segundo explica o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, “estas dependencias están a ser reformadas para dar solución aos problemas que viñan sendo habituais nesta edificación como consecuencia de non terse feito con anterioridade ningunha obra de mantemento ou mellora estrutural e necesaria”. O edil nacionalista lembra que “durante o inverno se teñen inundado en distintas ocasións despachos e dependencias das oficinas administrativas sinaladas o que representaba unas condicións totalmente negativas para o desenvolvemento de tarefas fundamentais destes servizos públicos e de xestión asociativa ou arquivo municipal”.

González Legazpi explica que “estas obras se fan ao abeiro do Plan Estatal e consisten na reposición total da súa cuberta xa que se atopaba totalmente calcinada, así como outras melloras en accesos, iluminación e ventilación. Os traballos representan unha asignación económica importante e determinarán, agardamos, unha solución definitiva como digo a un problema considerable que imposibilitaba de forma reiterada a normal funcionalidade das tarefas propias de ditas oficinas administrativas alí asentadas e por conseguinte creaban tamén un prexuízo para o desenvolvemento normal dos servizos esenciais ou necesarios que se prestan a cidadanía”.

O concelleiro de Industria e Turismo engade que “se está a dotar este edificio municipal de usos municipal dunhas melloras necesarias que van dar unha maior garantía aos servizos alí prestados pois evitarán que de novo se produzan inundacións, dando tamén arranxo a outras obras de necesidade que sen dúbida determinarán unhas condicións de traballo máis apropiadas”.

Exit mobile version