CERVO .- O pasado venres déronse a coñecer os novos integrantes da Comisión de Festas de San Roque, en Cervo. A capital municipal conta xa cun grupo de veciños dispostos a asumir a organización da cita coas patronais que cada ano teñen lugar os días 14, 15 e 16 do mes de agosto, coincidindo coa festividade de San Roque.
O colectivo presidido por Carlos Sanz, fai un chamamento á colaboración dos veciños, empresas e hostalería para que xuntos poidan contribuír a desenvolver un programa interesante do que todos poidamos gozar. “A pesares dos tempos de crise, esperamos que poida lograse unha boa recadación que se destinará de xeito íntegro á organización destas festas”
Concello de Cervo e Comisión organizadora coinciden na importancia de manter unha colaboración estreita que permita garantir e preservar a expresión da cultura tradicional e a transmisión de valores que impregnan este tipo de citas. Nese senso desde o Goberno municipal bríndanlles todo o apoio e colaboración que, na medida das súas posibilidades, tanto a nivel económico como a través da axuda loxística, poidan servir para o correcto desenvolvemento das distintas actividades.
A concelleira de Cultura, Chelo Gallego, en nome do Alcalde e de todo o Equipo de Goberno, agradece dun xeito especial ao presidente e, a través del, ao resto dos integrantes da Comisión de Festexos a participación desinteresada nesta organización pois, son conscientes de que moitas veces é un traballo ingrato, que esixe certo sacrificio persoal. “Digno do maior agradecemento a vontade deste grupo de xente comprometida co seu pobo. A súa labor, entrega e esforzo, será recompensada coa complicidade e boa disposición de todos os veciños.”-conclúe a edil.