A MARIÑA .- Remata unha fin de semana na que o poderío das celebracións festivas encheu a costa de Lugo. Unhas localidades, como Celeiro e Sargadelos, celebraron o día de Santiago, seguindo a tradición ou procurando recuperala. Outros pobos, como en Burela, organizaron un ano máis a súa romaría, neste caso a do Monte Castelo. En Rinlo houbo a Festa do Percebe con un exito total. Miles de persoas disfrutaron dunha fin de semana de troula entre devotas procesións, actuacións musicais e comilonas interminábeis; o tempo axudou.