Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presentará unha proposición non de lei para que o goberno do Estado indulte o comité de Alumina Aluminio

Nota de Prensa

O Goberno do Estado Español nunha contestación escrita ao Bloque Nacionalista Galego con data 6 de Xullo de 2009 ven de negarse a conceder o indulto ao Comité de Empresa de Aluminio despedido a raíz dos sucesos do Casón .

Na mesma contestación escrita o Goberno do estado negase a considerar desproporcionada a condena imposta pola xurisdición do Estado aos membros do Comité de Empresa de Aluminio.

O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar a medio dunha proposición non de lei que o Pleno da Cámara Baixa inste ao Goberno do Estado a que indulte aos traballadores do Comité de Aluminio.

Exit mobile version