NOTA DE PRENSA
O BNG RECLAMOU AO PP QUE SE FAGA CARGO DOS SEUS PROPIOS ERROS DE XESTIÓN E NON FAGA PAGAR AOS VECIÑOS O DESASTRE ECONOMICO DO CONCELLO.
Os nacionalistas non apoiaron o Plan de Aforro presentado polo goberno local por cargar o pago da mala xestión nun importante aumento da presión fiscal sobre os veciños
O orzamento para 2009, debe asumir un o desaxuste contábel do ano 2008 por un importe de 1.677.614,90 €
Cervo, 17 de xullo e 2009. O BNG abstívose no primeiro punto do orde do día por entender que o contido do Plan de saneamento da facenda municipal esixido para acceder ás axudas establecidas polo RD 5/2009 para facilitar aos concellos afrontar as débedas pendentes con empresas e autónomos, fai cargar nos veciños o desastre económico da mala xestión do PP. Pola contra apoiaron a concertación dunha operación de crédito de acordo co Decreto por importe de 806.559,42€ que nin sequera cubre o 50% do desaxuste contábel do ano 2008. O orzamento 2009 foi votado en contra por consideralo falso, xa que inclue na previsión de ingresos partidas procedentes do Convenio de Infraestruturas e Servizos pendentes de cobro á inmobiliaria Pasillo Verde que consideraron non se van executar, polo que se xenerará un novo desaxuste contábel na liquidación do ano 2009.
DO ORDE DO DÍA:
1º PUNTO: Aprobación do Plan de Saneamento do Concello de Cervo nos termos establecidos no RD 5/2009 de 24 de abril para facilitar aos concellos o saneamento das débedas pendentes de pagamento con empresas e autónomos.
O BNG abstívose neste punto por entender que “o plan proposto polo goberno local busca cargar nos veciños as consecuencias do derroche económico realizado nos últimos anos polo PP”. Neste sentido lembraron que “as liquidacións dos orzamentos dos últimos anos, todas contiñan previsións de ingresos que logo non se producían” o que xenerou constantes liquidacións con remanentes negativos de tesourería que veñen lastrando os orzamentos seguintes. Ademais “no plan de saneamento inclúese aumentar a presión fiscal sobre os veciños co aumento de tódolos impostos directos e indirectos nun momento no que a situación económica non e positiva”.
2º PUNTO: Aprobar a concertación dunha operación especial de endebedamento conforma ao RD 5/2009 para facilitar aos concellos o saneamento das débedas pendentes de pagamento con empresas e autónomos.
O BNG apoiou a concertación deste crédito por importe de 806.559,42€ incluída ano RD 5/2009 para facilitar o pago da débeda pendente, “aínda que lembrou que non chega a cubrir o 50% do desaxuste orzamentario do ano 2008 que ascende a 1.677.614,90 €”, e lembraron que “tódolos concellos deben asumir plans de saneamento das súas facendas, como xa tiña que facer o de Cervo e nunca fixo”. Os nacionalistas botaron en cara ao Alcalde e Concelleiro de Facenda, Alfonso Villares, que “dende que el está como responsabel de facenda, houbo que ver como o Consello de Contas abría unha investigación sobre a xestión económica do concello, como o Tribunal de Contas abría dilixencias polo mesmo motivo e agora a propia xustiza ordinaria abre unha investigación por malversación de fondos públicos que non se sabe a onde vai chegar”
3º PUNTO: Aprobación inicial do expedente orzamentario para o exercizo 2009.
O BNG non apoiou o orzamento 2009, absténdose por responsabilidade ao entender que é necesario, mais chega tarde. Reprocharon ao goberno local a falta de traballo ao “non presentar orzamentos municipais nos últimos anos a pesar de ter maioría suficiente para levalos adiante”. O orzamento 2009 sae outra vez lastrado polos de exercizos anteriores, neste caso cun deficit de 1.677.614,90 €, froito do remanente negativo de tesourería de 2008. Ademais reprocharon ao PP que siga na mesma liña, xa que “dos poucos investimentos que se prevén, todos son procedentes de axudas do anterior goberno bipartito e da Deputación, ningún do actual goberno da Xunta da mesma cor política”. Ademais inclúese como maior partida de investimento 1.272.509,42 €, procedente do Convenio de Infraestruturas e Servizos, pendentes de cobro á Inmobiliaria Pasillo Verde, hoxe cun proceso concursal aberto, que nin se van cobrar durante o exercizo 2009, nin se prevé o seu cobro a medio prazo, polo que “o PP volve incidir na política de inflar os orzamentos con previsiónde ingresos que non se van producir o que provocará coa liquidación un novo desaxuste contábel”