Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG organiza actos informativos sobre o trazado da autovía nas parroquias de Foz

Nota de Prensa

O BNG celebra actos informativos sobre o trazado en todoas as parroquias de Foz

Basanta solicita a convocatoria dunha Xunta de Portavoces para que os redactores do Plan informen sobre

as consecuencias urbanísticas da Autovía para Foz

O Portavoz Municipal do Bloque Nacionalista Galego na Corporación de Foz, Xoán Carlos González Basanta, ven de solicitar do Alcalde do Concello a convocatoria dunha reunión urxente da Xunta de Portavoces do Concello a fin de que se proceda a solicitar do Ministerio de Fomento a ampliación do prazo de Exposición pública do Estudo Informativo da Autovia Barreiros- San Cibrao e que se convoque unha xuntanza cos redactores do plan para analizar as consecuencias que o mesmo vai ter no planeamento actualmente en fase de aprobación inicial.

Os nacionalistas focenses consideran que é necesario que se proceda a estudar de xeito demorado o trazado proposto polas implicacións que o mesmo vai ter para o futuro do Concello, mais aínda cando se trata da infraestrutura de meirande importante do Municipio e que vai determinar a súa articulación e mesmo vertebración para un amplo periodo de tempo. Nos non queremos que en Foz se repitan experiencias recentes como as acontecidas coa variante, onde a falta de seguimento e control por parte da equipa de goberno xerou unha auténtica desfeita da que aínda Foz paga as consecuencias.

O portavoz Municipal do BNG de Foz considera que sería unha auténtica irresponsablidade que Foz se posicionase verbo dun trazado dunha autovía que afecta a práctica totalidade do territorio municipal sen coñecer as consecuencias que o mesmo vai ter para o planeamento municiapal e nomeademente para a clasificación do solo. Neste sentido debemos lembrar que os propios redactores do PXOM nas reunións mantidas cos grupos municipais afirmaron que unha vez coñecido o trado deste vial compría un informe pola sua banda para determinar as modificacións a executar no PXOM. Tal como manifestou o propio Basanta hai que ter en conta que se trata dunha obra de carácter supramunicipal que se traspón sobre o planeamento polo que as súas prescripcións son de obrigado cumprimento para o Plan.

A natureza xurídica do vial atendendo a Lei 4/94 de Estradas de Galiza establece que as autovias son estradas de catro carrís cunha afección a ambas beiras de cen metros non permitindose nos cincuenta primeiros nengún tipo de uso edificatorio e nos cincuenta restantes usos residencias coa autorización do Ministerio de Fomento. A este respeito é obvio que fican afectadas algunhas zonas que no PXOM tiñan a consideración de solo de nucleo e moi particularmente a sua area de expasión, concretamente en Cangas e Vilaronte.

O BNG sembre considerou que a definición da ordenación do territorio débese facer en constante debate e consultando co conxunto da cidadanía e non como unha decisión unilateral do grupo de goberno. Rivera pola experiencia do Plan Xeral debía saber que a probación de calquer instrumento que determina o Planeamento se se pretende que sexa unha realidade precisa de diálogo senón está chamado a convertirse nun elemento de discordia e conflicto. Neste sentido os nacionalistas van iniciar unha campaña informativa no conxunto das parroquias do Concello a fin de dar a coñecer a todos os veciños o trazado da autovía e de coñcer a sua posición e suxestións. Os actos informativos van dar comenzo o Mercores 1 de Xulloo en Vilaronte e rematarán o Sabado 11 en Fazouro.

Anexase calendario de actos informativos no Concello de Foz

Mercores 1 ás 20:30 no Castro de Vilaronte. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Xoves 2 ás 20.30 no Teleclube de San Martiño. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Venres 3 ás 21:30 no Centro Social de Cangas. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Sabado 4 ás 19:00 no centro Social A Saira de Nois. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Domingo 5 ás 18:30 na antiga escola de Cordido. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Luns 6 ás 20:30 no local social de San Acisclo. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Mercores 8 ás 20.30 na Casa da Cultura de Foz. Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Sabado 11 ás 20:30 na antiga escola de Fazouro.Xoan Carlos Basanta, Balbino Fernández e M. Xosé Alonso.

Exit mobile version