Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta ao concello de Cervo a moverse para consensuar unha alternativa á autovía cos concellos veciños

NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA AO GOBERNO LOCAL A MOVERSE CON RAPIDEZ PARA CONSENSUAR UNHA ALTERNATIVA AO TRAZADO DA AUTOVÍA COS CONCELLOS LIMÍTROFES

Os nacionalistas recriminan ao Alcalde o non terse reunido cos alcaldes de Burela e Foz para consensuar unha proposta común que evite a afectación da autovía ao seu paso pola parroquia de San Román.

Advirten que as forzas sociais e políticas de Burela xa consensuaron as súas alegacións que irán a pleno o próximo luns.

Cervo, 24 de xullo de 2009. O BNG instou onte ao alcalde nunha reunión con veciños da Parroquia de San Román e da Senra, na que se plantexou un trazado alternativo da autovía San Cibrao-Barreiros para evitar que zonas de cultivo e unha vivenda queden afectadas, a que se mova con rapidez para consensuar un trazado común cos concellos de Foz e Burela. Os nacionalistas advirten deixación de funcións do alcalde que a pesar de comprometerse cos veciños a plantexar unha reunión co concello de Burela, aínda non o fixo, e este xa consensuou entre grupos políticos e asociacións unha alegación que sería moi prexudicial para Cervo e que sería perfectamente evitábel chegando a un acordo que defendera unha postura común.

A PASIVIDADE DO GOBERNO LOCAL PODE LEVAR A UNHA CONFRONTACIÓN DE ALEGACIÓNS QUE NON BENEFICIA A NINGÚN CONCELLO

O BNG non pode entender como dende o goberno local, coñecedores da alternativa ao trazado que defende o concello de Burela, “non procurou chegar a un acordo para evitar unha confrontación de alegacións entre o concello de Burela e o de Cervo que non vai beneficiar a ningún dos dous”. Os nacionalistas entenden que Burela defenda os seus intereses, mais

Exit mobile version