NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA AO GOBERNO DO PP NA XUNTA A QUE RECUPERE O SERVIZO DE AUTOPSIAS EN BURELA
Calquera cidadán de Burela ou da Comarca pode recordar a utilización política do sufrimento das familias que fixeron os representantes do PP ( Srs Balseiro e Barcia) en relación co servizo de autopsias. Unha actuación de demagoxia sen límites, de amoralidade e de carroñeirismo político. Demostrando que todo lles vale con tal de sumar algún voto.
Compre recordar que foi o PP quen creou o Instituto de Medicina Legal encargado entre outras cuestións da realización das autopsias, centralizando as de toda a provincia en Lugo capital.
O Insitututo foi posto en funcionamento e dotado de medios polo goberno anterior do PSOE e do BNG no ano 2006 aplicando o establecido no Decreto elaborado polo PP.
Ante a petición unánime de colectivos sociais e co apoio de todos os partidos políticos con presencia no Parlamento de Galiza, con data 1 de setembro de 2007, Burela e o conxunto da Mariña recupera o servizo. Amosando deste xeito a sensibilidade do goberno coas necesidades das familias afectadas. Para elo revisáronse os criterios científicos e organizativos adoptados polo PP e que centralizaran na capital provincial os servizos do IMELGA . Tomouse a decisión que correspondía en boa lóxica polas características dunha comarca como a Mariña cun importante desenvolvemento demográfico e económico, así como a considerable distancia da capital lucense.
Pasadas a eleccións do 1 de marzo coa vitoria do PP o servizo volve centralizarse en Lugo aducindo excusas de prazas vacantes, que non se dan cuberto e dicindo que será unha situación transitoria.
Ante a problemática intervén o superdeputado e superben e graciosamente remunerado Sr. Balseiro dicindo que intermediaría (O 16 de xuño) para dar solución á problemática xurdida sen que ata agora foran exitosas as súas presuntas intermediacións e sen que se teñan convocado manifestacións para pedir a recuperación do servizo a pesares da indignación de cidadáns da comarca ante tan esperpéntica e obscena actuación.
Tivemos a oportunidade de ver a verdadeira faciana e desvergonza a hora de actuar destes irresponsables políticos e seguirémola observando cando se constate o incumprimento dunha boa parte das súas promesas e a súa permanente incontinencia