Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG informa aos veciños de Cervo sobre o trazado da Autovía Barreiros-San Cibrao

NOTA DE PRENSA

O BNG INFORMA AOS VECIÑOS DE CERVO SOBRE O TRAZADO DA AUTOVIA BARREIROS-SAN CIBRAO

Ademais de realizar actos en diferentes parroquias e núcleos de poboación informase casa a casa.

Reclama a ampliación de a tres meses do período de exposición publica e insiste en que o trazado vai requirir a modificación do planeamento urbanístico.

Solicita a convocatoria dunha comisión de portavoces coa presenza dos redactores do PXOM para que informen sobre a incidencia do trazado no documento.

Cervo, 1 de xullo de 2009. O BNG de Cervo realiza actos informativos sobre o trazado da autovía Barreiros-San Cibrao en varias parroquias e núcleos de poboación do concello ademais de facelo puntualmente casa a casa. Os nacionalistas ademais facilitaran copias do documento a quen as solicite. O BNG volve insistir na ampliación do prazo de exposición publica a tres meses que o ministerio fixa nun mes, e advirten da posíbel necesidade de facer modificacións no documento do PXOM, actualmente en redacción, para adaptalo ao trazado desta infraestrutura. Neste sentido, o BNG pide a convocatoria dunha xunta de portavoces coa presenza dos redactores do PXOM para que expliquen a incidencia do trazado na redacción do Plan.

ACTOS INFORMATIVOS NAS PARROQUIAS E NUCLEOS AFECTADOS

Os nacionalistas teñen previsto un calendario de actos nos que informaran sobre o trazado da autovía aos veciños e veciñas da parroquias e núcleos afectados, para o que xa solicitaron ao alcalde o uso de diferentes centros sociais co fin de realizar estes actos informativos, aínda que poderían realizarse mais, representantes do BNG xa informaron puntualmente a algúns veciños nas súas propias casas. Os nacionalistas indicaron que a xente deber coñecer polo miúdo e coa maior brevidade, tendo en conta o escaso prazo de exposición publica, inicialmente un mes que piden ampliar a tres meses, un trazado que afecta ao territorio onde viven e as súas propiedades. Ademais lembraron que o deseño da autovía supón unha afectación de 250 mts de ancho, polo que nalgunhas zonas do concello, pode obrigar a modificación do documento do PXOM, actualmente en redacción, no que xa estaban delimitados os núcleos rurais e a súa area de expansión.

PIDEN A CONVOCATORIA DUNHA COMISION DE PORTAVOCES COA PRESENZA DOS REDACTORES DO PLAN XERAL

O BNG solicita ao alcalde a convocatoria dunha comisión de portavoces dos grupos coa presenza dos redactores do PXOM, para que informen sobre a incidencia do trazado previsto polo Ministerio de Fomento para esta infraestrutura no documento xa elaborado.

ACTOS PREVISTOS:

LUGAR DATA HORARIO
A SENRA – CAPELA XOVES, 2 DE XULLO 21.00 hrs
LOCAL SOCIAL DE CASTELO LUNS, 6 DE XULLO 21.00 hrs
LOCAL SOCIAL DE TRASBAR MARTES, 7 DE XULLO 21.00 hrs
LOCAL SOCIAL DE A VENTA MERCORES, 8 DE XULLO 21.00 hrs
ANTIGA ESCOLA DE VILAESTROFE XOVES, 9 DE XULLO 21.00 hrs
LOCAL SOCIAL DE RÚA LUNS, 13 DE XULLO 21.00 hrs
Exit mobile version