Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG demanda no Parlamento que a Xunta cree un servizo de urxencias en Foz

NOTA DE PRENSA
O BNG DEMANDA NO PARLAMENTO GALEGO QUE A XUNTA CREE UN SERVIZO DE URXENCIAS EN FOZ

Fernando Blanco e Ana Luisa Bouza lembran os/as focenses reclaman este servizo desde hai anos e que durante a campaña eleitoral o PP comprometeuse a crealo

Santiago de Compostela, 28 xullo 09.- Os deputados do BNG no Parlamento Galego, Fernando Blanco e Ana Luisa Bouza, veñen de presentar unha inciativa pola que lle demandan ao Goberno da Xunta de Galiza que cree un servizo de urxencias no concello de Foz.

Fernando Blanco e Ana Luisa Bouza lembran que “a comisión FOCEGA, de defensa da sanidade pública demanda dende hai tempo a creación do servizo de urxencias no centro de saúde do concello”. E é que os preto de 10.000 habitantes de Foz deben acudir ao Hostipal da Costa de Burela para seren atendidos de urxencias.

Neste sentido, os deputados do BNG lémbranlle ao PP que durante a campaña eleitoral “garantiu á cidadanía do concello de Foz a creación deste servizo dentro dunha mellor organización do mapa sanitario das bisbarras da Mariña Lucense”.

Por iso, Fernando Blanco e Ana Luisa Bouza esíxenlle ao Goberno de Feijóo que cumpra o seu compromiso, detallando os prazos de execución e a dotación de profesionais que ten prevista a Consellaría de Sanidade para dotar a Foz dun servizo de urxencias.

Exit mobile version