NOTA DE PRENSA
O BNG DE VIVEIRO PIDE QUE SE CONTROLE O HORARIO DE DEPÓSITO E SE LAVEN OS CONTEDORES DE LIXO
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro considera que desde o Concello non se está a exercer o necesario control sobre os veciños que incumpren os horarios establecidos para o depósito das bolsas de lixo nos contedores.Tamén entenden os nacionalistas que os contedores deberían ser lavados con máis frecuencia pola empresa que xestiona a recollida dos resíduos sólidos urbanos pois provocan cheiros moi molestos nalgúns lugares públicos mesmo nas beirarrúas do casco urbano.
“Algúns contedores de lixo—manifesta o concelleiro Xosé A. Goás Basanta—provocan un fedor insoportable. Ou non se cumpre co horario existente para o depósito das bolsas e depósitanse nos contedores antes de tempo ou non se lavan con frecuencia os contedores”.
O BNG considera que o alcalde debe ordenar á Policía Local que exerza un labor de vixiancia e controle como e cando se depositan as bolsas de lixo. “Ás veces mesmo semella que se botan restos de peixes nalgún contedor e esto non está permitido polas ordenanzas municipais—engadiu o concelleiro nacionalista—e a única solución para rematar con este problema é que a Policía Local faga un seguimento deste asunto. Non estaría de máis que se colocasen cartaces co horario e cun resume das normas nos contedores”.
O concelleiro portavoz do BNG levará este asunto a unha vindeira sesión de pleno pois entende que si existen ordenanzas en vigor hai que facelas cumprir.